Timothy William Burton, nacido o 25 de agosto de 1958 en Burbank (California), é un director de cine. As súas películas, dunha delirante fantasía escura e empáticos personaxes, convertérono nun director de culto (sobre todo entre a mocidade escura e demais tribos urbanas).
Foi o primeiro dos dous fillos de Bill Burton e Jean Erickson. O seu ano de nacemento é de cotío confundido con 1960, notablemente nos seus propios libros The Melancholy Death of Oyster Boy e no libro de deseños de The Nightmare Before Christmas. Burton describiu a súa infancia como excéntrica, absorta e altamente imaxinativa. Sendo neno e crecendo en Burbank, representou un asasinato cunha machada co seu irmán para asustar os veciños, o que provocou que chamaran á policía. Repetiu a broma de novo con resultados similares. Encontraba a vida familiar e a escola difíciles, e ás veces escapaba da realidade da vida cotiá vendo películas de horror ou de baixo presuposto, ás que máis tarde rendería.
Despois do paso polo instituto gañou unha bolsa de Disney para estudar animación durante tres anos. O seu primeiro traballo como animador foi traballar como pintor de celas da primeira adaptación de O Señor dos Aneis de Ralph Bakshi. Burton foi contratado despois polos Estudos de Animación Walt Disney como un aprendiz de animación. O seu traballo era debuxar para The Fox and the Hound, pero quedou insatisfeito coa dirección artística da película. Despois comentou na decisión de Disney de rexeitar os seus deseños porque facían ver ós personaxes, en contra dos desexos de Disney, “como animais mortos na estrada”. Burton non foi feliz durante o seu periodo en Disney, no que escribiu e debuxou o poema e as ilustracións que serían a base para o célebre The Nightmare Before Christmas.
Algunhas películas de Burton son: Batman (1989), Eduardo manstesoiras (1990), Mars Attacks (1996), Sleepy Hollow (1999), Charlie e a fábrica de chocolate (2005) ou A noiva cadáver (2005).











Ola!
Encantoume o libro de Charlie e a fábrica de chocolate.
É un libro para todos os públicos, tanto para grandes coma para nenos pequenos. A película… en canto a imaxe, son e todo iso non esta mal, pero a historia cambia algo e non me gustan as partes introducidas, jej. Pero, polo resto, todo ben.
Este libro que imos ler agora ten pinta de estar ben.
Saúdos Paula e Eliseu.
Chao.