Steven Allan Spielberg, director de cine estadounidense. Naceu o 18 de decembro de 1946 en Cincinnati (Ohio). Spielberg sempre estivo abraiado coa industria do cine. De neno, cobraba entradas para as súas pelÃculas caseiras (que incluÃan accidentes de trens que el representaba co seu xogo de trens Lionel). Con doce anos xa rematara a súa primeira produción con guión e actores incluÃdos. Un ano despois, Spielberg gañou un premio por unha pelÃcula de guerra de 40 minutos de duración titulada Escape to Nowhere. Aos dezaseis anos, a súa produción de 140 minutos Firelight, que tempo despois lle inspirarÃa para realizar Encontros na terceira fase, foi presentada no teatro local e deulle cen dólares de ganancia.
Logo de que se lle negara a entrada a escolas cinematográficas tradicionais, Spielberg entrou na universidade de California en Long Beach para estudar inglés. Posteriormente obtivo un Bachelor of Arts en Inglés e estudou Cine. A súa carreira cinematográfica comezou cando se baixou dun bus turÃstico nos estudios Universal en Hollywood e deambulou ata atopar unhas oficinas abandonadas e que converteu en súas. Co paso do tempo ata os gardas de seguridade saudábano sen preguntar quen era.
Dirixiu pelÃculas coma Tiburón (1975), ET. O extraterrestre (1982), Indiana Jones e o templo maldito (1984), A lista de Schindler (1993), Salvar o soldado Ryan (1998) ou A guerra dos mundos (2005)).










