Ray Douglas Bradbury (nado o 22 de agosto de 1920 en Waukegan, Illinois) é un escritor de ciencia fición e de misterio.
Coñecido polos seus relatos breves de 1950 que deron lugar á colección de Crónicas Marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451, que dá nome ao noso club e que leremos neste mes. Describe un mundo no que os libros están prohibidos e o pensamento crítico é perseguido. Tanto esta novela coma a colección de Crónicas Marcianas están traducidas ao galego.
Naceu de nai sueca e pai americano. O seu avó e bisavó foran editores de xornais. Dende pequeno rebelouse coma un ávido lector e incipiente escritor. Os seus primeiros dous libros Dandelion Wine e Something Wicked This Way Comes representan a cidade de Waukegan como “unha vila verde” e son autobiográficos. A familia de Bradbury viviu en Tucson, Arizona, dende 1926 a 1927 e dende 1932 a 1933, retornando sempre a Waukegan. Finalmente trasladáronse a Los Ángeles, California, en 1934 cando tiña trece anos.
Estudou ata bacharelato nesta cidade pero decidiu non ir á universidade. Para vivir tivo que dedicarse a vender periódicos, formándose a si mesmo nos lugares dos que sempre máis gustou, as bibliotecas. Influenciado polos heroes de ciencia ficción coma Flash Gordon e Buck Rogers, Bradbury comezou a publicar contos de ciencia fición en fanzines en 1938. A escribir como medio de vida dedicouse dende 1942. O seu primeiro libro, a colección Dark Carnival, foi publicado en 1947. Casou con Marguerite McClure en 1947, e ten 4 fillas.
Os filmes Chegou do espazo exterior (1953) de Jack Arnold, Fahrenheit 451 (1966) de François Truffaut e O ruído do trono (2005) de Peter Hyams están baseados nos textos homónimos de Ray Bradbury. Ademais, conta cunha páxina web oficial.











Ola!
decir que comento porque esto está algho abandonadiño.
que decir deste libro…pois xa que foi o ultimo que limos neste curso vouno comparar cos demais.
dos libros que houbo que ler foi o que menos me gustou.a película tamen non me gustou moito…
pero ainda así,parecéronme moi ben escollidos todos os libros.
destacar unha cousa,lin todos os libros e vin todas as películas menos a de blade runner e sempre me gustaron máis os libros que as películas (ainda que ler os libros costa traballo e ver as películas non,jaja).
no caso de blade runner (nome da película) e Soñan os androides con ovellas eléctricas (nome da novela) según lle escoitei a meus compañeiros do club e meyor a película.
ala,xa escribin bastante,pasadevos por aqui os outros tamen!
ah! unha cousa máis,paula e eliseu,comentade vos tamen,e dade a vosa opinión!
coidarse tod@s
chao