Anna Gavalda (1970) naceu nun suburbio de clase alta de París. En 1992 gaña o premio France Inter con A carta de amor máis fermosa. Mentres traballaba de xornalista, publicou a colección de relatos Quixera que alguén me agardase nalgures, que vendeu máis de setecentos mil exemplares en Francia e traduciuse a dezanove linguas. A súa consagración internacional chegaría no 2002 coa novela Eu amábaa. Nese mesmo ano publicou a novela xuvenil 35 quilos de esperanza, sobre estudantes de baixo rendemento académico pero de altos valores humanos.
No 2004 publicou Xuntos e máis nada, novela da que se faría unha adaptación cinematográfica. Na actualidade vive nas aforas de París. Ademais de dedicarse á literatura, é colaboradora da revista Elle.










