Seguindo as vosas propostas, os libros que se lerán no que queda de curso son os seguintes:
Xaneiro: O diario de Bridget Jones, de Helen Fielding.
Febreiro: El cartero de Neruda, de Antonio Skármeta.
Marzo: A honra perdida de Katharina Blum, de Heinrich Böll.
Abril: O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas.
Maio: A dama das camelias, de Alexandre Dumas.
Xuño: [...]
Archive for the ‘Escritores/as’ Category
Próximos libros
Posted in Escritores/as on Xaneiro 13, 2009 | Deixa un comentario »
Anna Gavalda
Posted in Gavalda on Novembro 10, 2008 | Deixa un comentario »
Anna Gavalda (1970) naceu nun suburbio de clase alta de París. En 1992 gaña o premio France Inter con A carta de amor máis fermosa. Mentres traballaba de xornalista, publicou a colección de relatos Quixera que alguén me agardase nalgures, que vendeu máis de setecentos mil exemplares en Francia e traduciuse a dezanove linguas. A [...]
John Boyne
Posted in Boyne on Setembro 25, 2008 | Deixa un comentario »
John Boyne naceu en Dublín (1971). Formouse no Trinity College e na Universidade de East Anglia. Escribiu as seguintes novelas: The thief of time, The congress of rough riders, Crippen, Next of kin ademais de The boy in the striped pyjamas, que foi un auténtico éxito de vendas e traduciuse a trinta e catro linguas. [...]
Ray Douglas Bradbury
Posted in Bradbury, Escritores/as on Maio 14, 2008 | 1 Comentario »
Ray Douglas Bradbury (nado o 22 de agosto de 1920 en Waukegan, Illinois) é un escritor de ciencia fición e de misterio.
Coñecido polos seus relatos breves de 1950 que deron lugar á colección de Crónicas Marcianas publicadas en 1950. É coñecido sobre todo pola súa novela Fahrenheit 451, que dá nome ao noso club e [...]
H.G. Wells
Posted in Escritores/as on Abril 16, 2008 | Deixa un comentario »
Herbert George Wells é un escritor inglés moi coñecido entre os amantes do xénero da ciencia fición. Escribiu durante o século XIX e é considerado o pai deste xénero porque, xunto con Jules Verne, foi un dos primeiros en escribir novelas de ciencia fición.
H.G. Wells naceu en Inglaterra no ano 1866 e morreu en Londres [...]
Roald Dahl
Posted in Dahl, Escritores/as on Marzo 27, 2008 | Deixa un comentario »
Roald Dahl é un dos escritores británicos de libros para nenos máis populares pero no só escribiu para nenos, é tamén un autor moi admirado entre o público adulto. A súa vida foi bastante peculiar. Naceu en Gales en 1916. Os seus pais eran noruegueses e sempre estivo moi unido a ese país. De feito, [...]
Blade Runner
Posted in Dick on Febreiro 14, 2008 | Deixa un comentario »
Aquí tedes un avance da próxima película que nos toca ver. É o tema máis famoso da banda sonora de Blade Runner, composta por Vangelis, o “Love Theme”. Podedes ir intentando identificar aos principais personaxes mentres soa a música. Que o disfrutedes.
Philip Kindred Dick
Posted in Dick, Escritores/as on Febreiro 8, 2008 | Deixa un comentario »
Philip Kindred Dick (16 de decembro de 1928, Chicago, Illinois, Estados Unidos – 2 de marzo de 1982, Santa Ana, California, Estados Unidos), máis coñecido como Philip K. Dick, foi un prolífico escritor e novelista estadounidense de ciencia fición, que influíu notablemente en devandito xénero. Aclamado en vida por contemporáneos como Robert A. Heinlein ou [...]
Susan Eloise Hinton
Posted in Escritores/as, Hinton on Xaneiro 18, 2008 | Deixa un comentario »
S.E. Hinton (1948) naceu en Tulsa, no Estado de Oklahoma, no medio dos Estados Unidos. É unha das mellores escritoras de literatura xuvenil.
A Susan gustáballe moito ler cando estaba no instituto pero non había moitos libros interesantes para a xente nova, non existía a que agora chamamos “literatura xuvenil”. Por iso, cando tiña dezasete anos [...]
Robert Louis Stevenson
Posted in Escritores/as, Stevenson on Novembro 29, 2007 | Deixa un comentario »
A lectura proposta para o mes de decembro é O estraño caso do doutor Jekyll e o señor Hyde, unha pequena pero famosa novela dun escritor escocés chamado Robert Louis Stevenson. R.L. Stevenson é un escritor clásico, moi coñecido por ter escrito libros moi populares entre a xente nova, como por exemplo A illa do [...]










